Onde se rexistran os nomes de dominio .es

A entidade pública empresarial Red.es, adscrita ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio a través da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, ten encomendadas legalmente unha serie de funcións co obxecto de contribuír ao desenvolvemento das telecomunicacións e a sociedade da información no noso país.

Red.es, entre outras funcións, ten asignada a xestión do rexistro de nomes de dominio de Internet baixo o código de país correspondente a España, ".es", que inclúe todas a funcións relacionadas coa tramitación de solicitudes e asignación de dominios de acordo coa normativa correspondente, así como a realización das funcións técnicas necesarias para garantir o correcto funcionamento do sistema de dominios en España e na rede global de Internet, e participa nos organismos internacionais que coordinan da xestión do sistema de nomes de dominio.

Que é ESNIC?

ESNIC (Network Information Center) é un departamento da entidade pública empresarial Red.es, autoridade competente para a xestión do rexistro de nomes de dominio de Internet baixo o código de país ".es".

As funcións relacionadas coa xestión do rexistro inclúen a tramitación de solicitudes de novos dominios e a súa asignación.

Onde se rexistran os nomes de dominio .es?