Que rexistrar


Pode solicitar calquera dos seguintes dominios con total liberdade:

  • Dominios que se asignan de forma automática:
    • ".es", para identificar o seu nome, a súa empresa, o seu organismo en Internet. Exemplos:
      • oquequeira.es
      • omeunome.es
      • amiñaempresa.es
      • omeuorganismo.es
    • ".com.es", para calquera tipo de actividade a un prezo moi reducido, por exemplo, concerto.com.es
    • "nom.es", para o teu nome, por exemplo, martaperez.nom.es
    • ".org.es", para a túa organización, por exemplo, caritas.org.es
  • Dominios que requiren verificación previa:
    • ".edu.es" se es unha organización educativa, oficialmente recoñecida, por exemplo, colegioxxx.edu.es
    • ".gob.es", reservado para institucións gobernamentais, por exemplo, ministerio.gob.es

O seu dominio ".es" será asignado de forma inmediata e automática de acordo á orde de chegada, por iso, o primeiro solicitante será o primeiro en obtelo. Ten que ter en conta:

  • Que non estea asignado con anterioridade.
  • Que cumpra coas normas de sintaxe.
  • Que non estea incluído na lista de termos prohibidos.
  • Que non estea incluído na lista de termos reservados.