Misión, visión e valores


MISIÓN

IMPULSAR A INNOVACIÓN E COMPARTIR OS SEUS RESULTADOS COMO VALORES E ACTIVOS DE DIFERENCIACIÓN E DESENVOLVEMENTO TECNOLÓXICO

Queremos contribuír ao desenvolvemento económico sostible e ao progreso tecnolóxico da sociedade española promovendo a innovación, a creatividade e o coñecemento nos sectores público e privado, a través dun uso estratéxico e intelixente da propiedade industrial.

VISIÓN

Unha organización útil e proactiva, próxima aos usuarios, con especialistas comprometidos, excelente no seu funcionamento, á vangarda dos servizos e da tecnoloxía, aberta á cooperación e recoñecida internacionalmente.

VALORES

  • EXCELENCIA: Traballamos con eficacia para ofrecer servizos de calidade e con seguridade xurídica á sociedade, con profesionalidade, proximidade, ética e transparencia na xestión, escoitando os usuarios para facilitar o uso dos nosos servizos
  • SOSTIBILIDADE: Estamos comprometidos cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible facendo un uso eficiente dos recursos, fomentando a flexibilidade e a resiliencia de toda a organización para adaptarnos a un mundo en cambio.
  • TALENTO: Somos un equipo altamente cualificado en moi diversas áreas e implicámonos para mellorar a sociedade a través do noso traballo, valorando e alentando a creatividade, a formación e a participación de todos os empregados.
  • INNOVACIÓN: Fomentamos e valoramos as ideas e as propostas das persoas e as oportunidades da tecnoloxía para a mellora continua do noso funcionamento e para ofrecer novos servizos a investigadores, innovadores e emprendedores e á sociedade no seu conxunto.
  • COOPERACIÓN: Participamos e promovemos alianzas a nivel nacional e internacional, con todos os actores da propiedade industrial para mellorar o sistema e fortalecer a súa gobernanza.

Infografía