A OEPM nos sistemas internacionais de Patentes e Marcas


A OEPM ostenta dende 1995 a condición de Administración de Busca Internacional de Patentes no marco do Tratado de Cooperación en Materia de Patentes (PCT), polo que España é a primeira administración que foi autorizada para realizar buscas internacionais en español.

En setembro de 2001, a Oficina Española de Patentes e Marcas foi designada pola OMPI Administración de Exame Preliminar Internacional de solicitudes de patentes presentadas, segundo o Tratado de Cooperación de Patentes (PCT). Con esta designación, o solicitante de fala española poderá realizar na súa lingua toda a tramitación internacional dunha solicitude de patente, polo que aforra custos e trámites.

Por outra parte, a OEPM é membro de importantes organismos internacionais dedicados á propiedade industrial, nos que participa activamente a través dos seus consellos de administración: