Ministerio de Industria, Turismo y Comercio LogoMinisterior

Información tecnolóxica

 

As patentes publicadas en todo o mundo son unha valiosa fonte de información cientifica, técnica e comercial. Accede a esta información e á ampla oferta de servizos que ofrece a OEPM para facilitar a súa consulta.

 

Que é a información de patentes

A “información de patentes”comprende toda a información que foi publicada nos documentos de patente ou que forma parte dos expedientes de tramitación. Trátase de información de carácter técnico, xurídico ou de tipo comercial. O formato normalizado dos documentos de patente facilita grandemente a súa consulta e a información neles contida moitas veces é única porque non se reproduce en ningún outro tipo de publicación.

 
 

Por que os nosos servizos

 

Temos a experiencia de máis de 35 anos prestando este tipo de servizos e un equipo de máis de 150 examinadores de patentes titulados superiores especializados nas diversas ramas das ciencias e a enxeñaría, cualificados na procura documental como Autoridade Internacional de Procura PCT desde hai máis de 25 anos. Traballamos coas ferramentas máis avanzadas e as bases de datos máis completas do mundo. Sólidos protocolos garanten a calidade e a confidencialidade da prestación. A proximidade e interlocución continua cos nosos usuarios permítennos adaptarnos aos requisitos e necesidades de cada caso. Algúns servizos son gratuítos e outros con prezos públicos económicos para fomentar a investigación e apoiar a Pemes e emprendedores

 

 

Prezos públicos

Información actualizada sobre os prezos públicos en vigor para os servizos de información tecnolóxica non gratuítos.

Calidade

Atopa toda a información sobre calidade que a OEPM aplica para que os servizos de INFORMACIÓN TECNOLÓXICA que ofrece sexan satisfactorios para os usuarios

Folletos informativos de Información tecnológica

   

Consultoría a medida

Procuras documentais en bases de datos de patentes e de literatura científica, e análises profesionais adaptados ás necesidades de cada caso

 
 

Vixilancia tecnolóxica gratuíta

imagenbanner

Boletíns de vixilancia tecnolóxica

Coñece trimestralmente as patentes publicadas máis relevantes e novidades en diversos sectores tecnolóxicos

imagenbanner

Alertas tecnolóxicas

Accede ás últimas patentes publicadas no mundo sobre unha ampla gama de tecnoloxías