Ministerio de Industria, Turismo y Comercio LogoMinisterior
 

Preguntas frecuentes invencións

Unha carteira de patentes é a relación de patentes que ten unha persoa ou sociedade. Xestionar a súa carteira de patentes e comparala coas doutras sociedades é esencial para poder determinar mellor o valor económico das súas propias patentes e manter a competitividade. A xestión da súa carteira de patentes pode axudarlle a identificar oportunidades e factores de risco (por exemplo, mercados emerxentes ou aparición de tecnoloxías substitutivas).

O valor dunha patente é a utilidade comercial futura que se lle pode extraer ó uso desa patente. Ponse de manifesto utilizándoa para os produtos da mesma sociedade, concedendo licenzas ou vendendo a patente.

O valor dunha patente depende da razón para a valoración e de quen estea explotando a invención. Por exemplo: unha patente terá distinto valor se forma parte dos activos dunha sociedade en quebra ca no contexto dunha empresa en plena produción. O seu valor para un banco, que o único que pode facer é revendela, é distinto que para un operador do mercado que xa dispón dos medios para facela produtiva.

Ademais do valor monetario, as patentes teñen tamén un valor non monetario. Por exemplo, animan o persoal a ser innovador.

Máis información no Manual do estudante de ip4inno.

Ó realizar a valoración dunha patente, cómpre non considerar a patente só coma un dereito de exclusividade, senón tomar tamén en consideración a tecnoloxía subxacente e a capacidade da sociedade para facer uso dos seus activos complementarios (é dicir, a súa capacidade de comercializar a invención).

Aínda que en teoría é conveniente valorar cada patente por separado, na práctica pode resultar difícil separar dúas patentes interdependentes.

En moitos casos, ten sentido valorar grupos completos de patentes no canto das patentes por separado.