Ministerio de Industria, Turismo y Comercio LogoMinisterior
 

Preguntas frecuentes invencións

A diferenza entre optar entre un e outro sistema consiste en que as patentes ofrecen sempre unha maior seguridade:calquera persoa que sen estar autorizada utilice esta invención, poderá ser demandada, coñecese ou non a existencia desta patente.En cambio, o segredo industrial ofrece unha protección máis débil que se limita ao dereito a esixir unha compensación económica a calquera persoa que estea obrigada a respectar ese segredo (basicamente empregados) e o divulgue ou o utilice en beneficio propio ou alleo.Noutras palabras, o segredo industrial ten só unha protección contra a espionaxe.

Vinte anos dende a data da súa presentación da solicitude, no caso das patentes, e dez anos para os modelos de utilidade. Só no caso das patentes de produtos farmacéuticos e fitosanitarios é posible solicitar o que se coñece como Certificado Complementario de Protección (CCP) que estende, por un período máximo de cinco anos, a protección conferida unha vez que a patente caduque por expiración do prazo para o que fora concedida.

Son principalmente dous: aboar as anualidades e explotar a invención.

Unha vez concedida a patente, o seu titular deberá aboar as anualidades previstas para o mantemento de dereitos, segundo a listaxe vixente de Taxas e prezos públicos (dispoñible no apartado Utilidades/Taxas e prezos públicos da páxina web da OEPM). Se non o fai en prazo e forma, a patente caducará e o obxecto desta pasará a formar parte do dominio público.

Por outra banda, tamén ten a obriga de explotar a patente, ben por si mesmo ou ben a través dunha persoa autorizada por el mediante unha licenza de explotación.

O titular poderá beneficiarse dun desconto do 50% sobre o importe de cada unha das citadas anualidades se fai un ofrecemento de licenzas de pleno dereito e o declara por escrito á OEPM.

Pódense patentar as invencións novas que impliquen actividade inventiva e sexan susceptibles de aplicación industrial.

A invención debe ser de carácter ou natureza técnica, é dicir, debe constituír a solución a un problema técnico.

Ademais, a invención debe poder ser executada na práctica por un experto na materia, para o cal deberá estar descrita de xeito suficientemente claro e completo na solicitude.

Unha invención poderá ser un produto (substancia ou composición), un aparato (dispositivo ou sistema), un procedemento (método) ou un uso (aplicación), sempre que cumpra cos requisitos de patentabilidade.

Nas Directrices de exame das Solicitudes de patente, dispoñibles no apartado Invencións do web da OEPM, encontrará máis información relativa aos requisitos de patentabilidade e ás excepcións a esta.