Ministerio de Industria, Turismo y Comercio LogoMinisterior
 

Preguntas frecuentes marcas e nomes comerciais

Non é necesario que o signo sexa novo, no sentido de non existente, para que sexa rexistrable, pero é conveniente rexistralo antes de divulgalo, para evitar que un terceiro poida presentar unha solicitude idéntica ou semellante antes ca nós e para evitar infrinxir dereitos de terceiros que puidesen estar rexistrados.

Si. Deste xeito obtén unha data de presentación da solicitude fronte ao que a solicite posteriormente. Aínda cando non teña ultimados todos os requisitos formais, tendo os indispensables convén presentar a solicitude e cumprir posteriormente co resto dos requisitos.

Si. Unha vez que a marca ou nome comercial superou o exame de forma publicarase para que os terceiros poidan opoñerse no prazo de dous meses se estiman que a nova solicitude infrinxe dereitos anteriores. Así mesmo, unha vez que son concedidos ou denegados, publicaranse no Boletín Oficial da Propiedade Industrial (BOPI).

A solicitude de marca ou nome comercial só poderá ser modificada, a instancia do solicitante, para rectificar o seu nome e enderezo, as faltas de expresión ou de transcrición ou os erros manifestos, sempre que tal rectificación non afecte substancialmente á marca nin amplíe ou cambie a lista de produtos ou servizos.