Ministerio de Industria, Turismo y Comercio LogoMinisterior

Preguntas frecuentes

 

Respondemos todas aquellas dudas referentes a los diferentes procesos implicados en la propiedad industrial.

Si, cando hai varios solicitantes é imprescindible que asinen todos. Non vale cunha soa sinatura, agás que os demais autoricen a un deles a actuar como o seu representante. Nese caso deberá presentarse un escrito debidamente asinado onde quede constancia desta autorización.

É a realizada polo traballador durante a vixencia dun contrato ou relación laboral froito da actividade investigadora do traballador sempre que esta constitúa o obxecto do contrato laboral, é dicir, sempre que o traballador fose contratado con ese fin. As invencións laborais pertencen ao empresario.

Si. Os dereitos de propiedade industrial poden transmitirse, darse en garantía ou ser obxecto de dereitos reais con independencia da transmisión da totalidade ou parte da empresa. Para que teñan efecto fronte a terceiros de boa fe, os devanditos actos deberán ser inscritos na OEPM.

Entre os principais actos de gravame atópanse:

- as licenzas: o titular do dereito permite o seu uso ou explotación a outras persoas pero segue a ser o seu "propietario"

- cesións: o titular do dereito cede a propiedade a terceiros

- hipotecas mobiliarias: o titular do dereito entrégao en garantía dun pagamento

- usufruto: o titular outórgalle o gozo do dereito a un terceiro. O devandito gozo pode ser a explotación ou uso ou ben, as propias rendas obtidas polo pagamento de licenzas a terceiros.

Si. A OEPM contestará as preguntas que estean relacionadas coas solicitudes propias (servizo de Información 902 157 530; informacion@oepm.es).

Tamén pode seguir a tramitación administrativa do seu expediente a través da páxina web deste Organismo (a través da base de datos CEO).

 

Calquera incidente que se aprecie na tramitación da súa solicitude que imposibilite o seu rexistro comunicaráselle ao enderezo que designase dándoselle a posibilidade de emendar os defectos atopados.

No caso en que os trámites se efectuaran a través dun Axente da Propiedade Industrial, este será o interlocutor ante a OEPM.