Ministerio de Industria, Turismo y Comercio LogoMinisterior

Preguntas frecuentes

 

Respondemos todas aquellas dudas referentes a los diferentes procesos implicados en la propiedad industrial.

Borrar palabras clave
Todas
Propiedad Industrial
Marcas y Nombres Comerciales
Marcas colectivas y de garantía
Prueba de uso
Marcas internacionales
Transformaciones
Patente nacional y modelo de utilidad
Certificado complementario de protección
Patente europea y validación
Solicitud internacional PCT
Restablecimiento de derechos
Transmisiones y licencias
Tasas
Gestión y valoración de patentes
Representación
Agentes de la propiedad industrial (API)
Examen de calificación europeo (EQE)
Representación y Brexit
Clasificaciones
Nulidad y caducidad de marcas y nombres comerciales

Entre a presentación da solicitude da patente e a súa concesión adoitan transcorrer entre 26 e 36 meses. Non obstante, convén ter en conta varias circunstancias.

O titular da patente non carece por completo de todo dereito ata a concesión. Así, entre a presentación da solicitude e a concesión da patente, o solicitante dispón dos seguintes dereitos.

- O dereito de prioridade, recoñecido por varios tratados internacionais, outorga ao seu titular un prazo de 12 meses para presentar unha solicitude de patente noutros países e conservará neles a data de presentación inicial.

- Ademais, é posible obter rendibilidade económica da solicitude de patente: a lei permite ceder, dar en garantía e dar licenza tanto as patentes solicitadas coma as concedidas. Isto significa, por exemplo, que pode hipotecarse (mediante a constitución dunha hipoteca mobiliaria) unha solicitude de patente e financiar así a explotación inicial.

- Dende a publicación da solicitude de patente, o solicitante goza dunha protección provisional que permite esixir unha indemnización razoable a calquera persoa que infrinxa o que despois resulte ser o obxecto da patente.

O procedemento, aínda que pode parecer excesivamente longo, está deseñado para que o solicitante "compre tempo", polo que evita ter que realizar un gran desembolso ao inicio. Atópase artificialmente dilatado para que o solicitante só pase a unha fase posterior se ten perspectivas de comercialización e implantación no mercado da súa patente. En resumo, é un procedemento estruturado nunha serie de etapas no que só se pasa á seguinte fase cando se superou a anterior, o que permite ao solicitante graduar e modular pagamentos.

Non obstante, se o solicitante o desexa pode facer uso do procedemento de concesión acelerado de patentes (CAP), mediante o cal pode reducirse considerablemente a duración do procedemento se se cumpren os seguintes requisitos:

- A solicitude non reivindica prioridade.

- O solicitante acóllese explicitamente ao programa de concesión acelerada presentando o formulario SPA1 xunto coa instancia de solicitude.

- O solicitante pide (e paga) o Informe sobre o estado da técnica xunto coa instancia de solicitude.

Por outra parte, o solicitante tamén pode acurtar os prazos de tramitación se non esgota os prazos legalmente establecidos para contestar aos requirimentos da Oficina.

Si, baixo certas condicións.

Durante o procedemento de concesión pódense facer modificacións, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

- que non amplíen o obxecto da invención inicialmente solicitada,

- que se realicen unicamente nos momentos previstos na lei.

Nas Directrices de exame das solicitudes de patente, dispoñibles no apartado Invencións do web da OEPM, encontrará máis información relativa aos límites materiais e temporais mencionados.

Non, se quere obter a protección legal que outorga unha patente ou un modelo de utilidade. Só son protexibles as invencións novas, é dicir, as que non foron dadas a coñecer ao público nin en España, nin no estranxeiro, nin por escrito, nin verbalmente nin por ningún outro medio; ou, o que é o mesmo, as que non están incluídas no que se coñece como “o estado da técnica”.

Exceptúanse do anterior algúns supostos, como a presentación da invención en exposicións oficialmente recoñecidas, en cuxo caso se dispón de seis meses dende a data da exhibición da invención para presentar unha solicitude que debe ir acompañada do correspondente certificado oficial. En calquera caso, hai que ter en conta que as exposicións oficialmente recoñecidas poden variar dependendo do país no que se desexe solicitar protección.

Si. Deste xeito obtén unha data de presentación da solicitude o máis temperá posible fronte ao que a solicite posteriormente.