Respondemos todas aquellas dudas referentes a los diferentes procesos implicados en la propiedad industrial.
Para inscribir o nome doutro inventor nunha solicitude de patente ou nunha patente xa concedida é necesario que o solicitante/titular presente unha solicitude neste sentido, preferiblemente a través do formulario “3406X- Solicitude de rectificación”, e pague a taxa correspondente. Esta solicitude debe vir acompañada obrigatoriamente dun escrito, subscrito por todos e cada un dos inventores (tanto novos, coma antigos), ademais de polo titular/es, no que outorguen o seu consentimento á inclusión deste.
Non, posto que non cumprirá co requisito de novidade esixido para a patentabilidade das invencións.
Segundo a lei de patentes, é nova calquera invención que non estea comprendida no estado da técnica. O estado da técnica está constituído por todo o que antes da data de presentación da solicitude de patente se fixo accesible ao público en España ou no estranxeiro por unha descrición escrita ou oral, por unha utilización ou por calquera outro medio.
Segundo a Lei de patentes, é obrigatorio presentar inicialmente no noso país as invencións realizadas en España.
Esta cautela debe considerarse tendo en conta o réxime de segredo ao que se somete toda solicitude presentada durante os dous meses seguintes á súa presentación e que permitirá discriminar se o seu obxecto afecta os intereses para a defensa nacional.
A diferenza entre optar entre un e outro sistema consiste en que as patentes ofrecen sempre unha maior seguridade:calquera persoa que sen estar autorizada utilice esta invención, poderá ser demandada, coñecese ou non a existencia desta patente.En cambio, o segredo industrial ofrece unha protección máis débil que se limita ao dereito a esixir unha compensación económica a calquera persoa que estea obrigada a respectar ese segredo (basicamente empregados) e o divulgue ou o utilice en beneficio propio ou alleo.Noutras palabras, o segredo industrial ten só unha protección contra a espionaxe.