Respondemos todas aquellas dudas referentes a los diferentes procesos implicados en la propiedad industrial.
Si, é posible solicitar o cambio de modalidade de modelo de utilidade a patente de invención ata que remate o prazo para contestar ás oposicións e, se é o caso, ás obxeccións formuladas pola OEPM. Se non se presentan oposicións, o solicitante poderá pedir o cambio de modalidade ata a concesión.
En caso de que se acepte o cambio, non se modifica a data de presentación ou prioridade.
Débese presentar a seguinte documentación:
- instancia de solicitude (mod. 3101, dispoñible no apartado Utilidades/Formularios da páxina web da OEPM, www.oepm.es) e indicarase que se solicita un cambio de modalidade (é importante que sinale como modalidade “patente de invención”, como tipo de solicitude “cambio de modalidade” e que se faciliten os datos completos do modelo de utilidade de orixe);
- un resumo da invención nun máximo de 150 palabras.
Este trámite implica o pagamento da taxa “Solicitude de cambio de modalidade” segundo a listaxe vixente de Taxas e Prezos públicos (dispoñible no apartado Utilidades/Taxas e prezos públicos da páxina web da OEPM).
A presentación da documentación pode realizala nos mesmos lugares sinalados para depósito de patente ou modelo de utilidade.
Actualmente, só un pequeno, aínda que significativo, número de países e rexións ofrece protección mediante modelo de utilidade.Estes países son os seguintes:Alemaña, Arxentina, Armenia, Australia, Austria, ARIPO, Bielorrusia, Bélxica, Brasil, Bulgaria, China, Colombia, Costa Rica, Dinamarca, Eslovaquia, España, Estonia, Etiopía, Federación de Rusia, Filipinas, Finlandia, Francia, Xeorxia, Grecia, Guatemala, Hungría, Irlanda, Italia, Xapón, Kazakhstán, Kenia, Kirguizistán, Malaisia, México, OAPI, Países Baixos, Perú, Polonia, Portugal, República Checa, República de Corea, República de Moldavia, Taxikistán, Trindade e Tobago, Turquía, Ucraína, Uruguai e Uzbekistán.(http://www.wipo.int/sme/es/ip_business/utility_models/utility_models.htm)
Si, é posible pedir unha patente noutro país sobre a base dun modelo de utilidade, pois o DEREITO de PRIORIDADE (recollido no Convenio da Unión de París) é tamén aplicable a estes, coa mesma duración de 12 meses que se utiliza en patentes.
Ademais, hai que ter en conta que non todos os países permiten a protección por modelo de utilidade, polo que a única posibilidade de obter a protección dunha invención é a través de patentes.
No caso da patente europea, é posible acollerse ao dereito de prioridade sobre a base dunha solicitude previa de modelo de utilidade en España.
Cos actuais sistemas de concesión de patentes que existen en España, se se opta polo Procedemento xeral, o Informe sobre o Estado da Técnica non é vinculante e unicamente axuda a valorar a patente.
Se este IET revela que a solicitude de patente non é nova ou lle falta actividade inventiva, o solicitante pode:
- decidir non continuar co procedemento e retirar a solicitude;
- facer as modificacións que lle permita a lei, para tratar de mellorar a solicitude de patente, polo que poderá optar por continuar o procedemento pola vía de exame previo ou do procedemento xeral de concesión;
- continuar co procedemento xeral de concesión sen facer ningún cambio. Neste caso arríscase a que, unha vez concedida a patente, un terceiro trate de anulala por non cumprir os requisitos que establece a Lei.