Ministerio de Industria, Turismo y Comercio LogoMinisterior

Preguntas frecuentes

 

Respondemos todas aquellas dudas referentes a los diferentes procesos implicados en la propiedad industrial.

Borrar palabras clave
Todas
Propiedad Industrial
Marcas y Nombres Comerciales
Marcas colectivas y de garantía
Prueba de uso
Marcas internacionales
Transformaciones
Patente nacional y modelo de utilidad
Certificado complementario de protección
Patente europea y validación
Solicitud internacional PCT
Restablecimiento de derechos
Transmisiones y licencias
Tasas
Gestión y valoración de patentes
Representación
Agentes de la propiedad industrial (API)
Examen de calificación europeo (EQE)
Representación y Brexit
Clasificaciones

A Lei 11/1986 de patentes establece que "serán protexibles como Modelos de Utilidade as invencións que, sendo novas e impliquen unha actividade inventiva, consistan en dar a un obxecto unha configuración, estrutura ou constitución da que se derive unha vantaxe practicamente apreciable para o seu uso ou fabricación".

Aínda que os requisitos que se piden son semellantes, pode dicirse que son menos estritos para os modelos de utilidade, polo que se utilizan para protexer invencións de menor rango inventivo que as patentes. Na práctica, utilízase a protección mediante modelos de utilidade para innovacións menores que quizais non satisfagan os criterios de patentabilidade.

Na maioría dos países que brindan protección mediante modelos de utilidade, as oficinas de patentes non examinan o fondo das solicitudes con anterioridade ao rexistro. Isto significa que o proceso de rexistro adoita ser considerablemente máis sinxelo e rápido e dunha duración media de seis meses.

O prazo de duración da protección por modelos de utilidade é máis curto que o das patentes e varía de país en país. En España, a duración dun modelo de utilidade é de 10 anos, fronte aos 20 anos dunha patente.

A sinxeleza do proceso e a menor duración determina que sexa máis económico obter e manter modelos de utilidade.

Os modelos de utilidade considéranse particularmente adaptados para as pemes que efectúen melloras "menores" en produtos existentes ou adapten estes produtos.

En xeral, os modelos de utilidade son melloras en aparatos ou ferramentas xa coñecidos, é dicir, invencións mecánicas.

Porén, é importante destacar que a Lei 11/1986 de patentes indica de xeito expreso que os produtos químicos, os alimentos e os procedementos non son protexibles mediante o Modelo de Utilidade. Por exemplo, un novo tipo de pintura antimofo non se pode protexer como modelo de utilidade, pero si a brocha coa que se estende.

Non obstante, a partir do 1 de abril de 2017, coa entrada en vigor da nova Lei 24/2015, do 24 de xullo, de patentes, unicamente quedarán excluídas da protección mediante modelo de utilidade as invencións que se refiran a procedementos e as que recaian sobre materia biolóxica e sobre substancias e composicións farmacéuticas.

Tanto para patentes como modelos de utilidade son requisitos necesarios que as invencións sexan novas, impliquen actividade inventiva e teñan aplicación industrial.

No caso dos modelos de utilidade, estes requisitos son semellantes aos que rexen ás patentes, é dicir, novidade e actividade inventiva, aínda que se aplican dun xeito menos estrito. Ademais, os modelos de utilidade van ser sempre obxectos (instrumentos, ferramentas, aparatos e dispositivos) cuxa configuración, estrutura ou constitución determina unha vantaxe apreciable para o seu uso ou fabricación.

Por iso, as invencións de procedemento, os produtos químicos, os alimentos ou as invencións que incorporan materia biolóxica non poden ser protexidas como modelos de utilidade.

A partir do 1 de abril de 2017, coa entrada en vigor da nova Lei 24/2015, do 24 de xullo, de patentes, unicamente quedarán excluídas da protección mediante modelo de utilidade as invencións que se refiran a procedementos e as que recaian sobre materia biolóxica e sobre substancias e composicións farmacéuticas.

Si, é posible solicitar o cambio de modalidade de modelo de utilidade a patente de invención ata que remate o prazo para contestar ás oposicións e, se é o caso, ás obxeccións formuladas pola OEPM. Se non se presentan oposicións, o solicitante poderá pedir o cambio de modalidade ata a concesión.

En caso de que se acepte o cambio, non se modifica a data de presentación ou prioridade.

Débese presentar a seguinte documentación:

- instancia de solicitude (mod. 3101, dispoñible no apartado Utilidades/Formularios da páxina web da OEPM, www.oepm.es) e indicarase que se solicita un cambio de modalidade (é importante que sinale como modalidade “patente de invención”, como tipo de solicitude “cambio de modalidade” e que se faciliten os datos completos do modelo de utilidade de orixe);

- un resumo da invención nun máximo de 150 palabras.

Este trámite implica o pagamento da taxa “Solicitude de cambio de modalidade” segundo a listaxe vixente de Taxas e Prezos públicos (dispoñible no apartado Utilidades/Taxas e prezos públicos da páxina web da OEPM).

A presentación da documentación pode realizala nos mesmos lugares sinalados para depósito de patente ou modelo de utilidade.

Actualmente, só un pequeno, aínda que significativo, número de países e rexións ofrece protección mediante modelo de utilidade.Estes países son os seguintes:Alemaña, Arxentina, Armenia, Australia, Austria, ARIPO, Bielorrusia, Bélxica, Brasil, Bulgaria, China, Colombia, Costa Rica, Dinamarca, Eslovaquia, España, Estonia, Etiopía, Federación de Rusia, Filipinas, Finlandia, Francia, Xeorxia, Grecia, Guatemala, Hungría, Irlanda, Italia, Xapón, Kazakhstán, Kenia, Kirguizistán, Malaisia, México, OAPI, Países Baixos, Perú, Polonia, Portugal, República Checa, República de Corea, República de Moldavia, Taxikistán, Trindade e Tobago, Turquía, Ucraína, Uruguai e Uzbekistán.(http://www.wipo.int/sme/es/ip_business/utility_models/utility_models.htm)