Ministerio de Industria, Turismo y Comercio LogoMinisterior
 

Preguntas frecuentes marcas e nomes comerciais

Debe ter en conta que o signo distintivo é un e non se traduce. El Corte Inglés ou Eroski, por exemplo, son sempre iguais.

A marca solicítase tal e como vaia utilizarse e, xa que logo, a decisión de solicitala nun ou varios idiomas correspóndelle ó solicitante, tendo en conta que cada denominación constitúe unha marca por si mesma.

A Clasificación de Niza é unha clasificación que agrupa os produtos e servizos en 45 clases diferentes: 34 de produtos e 11 de servizos.

Sobre esta clasificación, as oficinas da UE crearon a Clasificación “harmonizada” composta por un repositorio de termos descritivos de produtos ou servizos que son aceptados por todas as oficinas do ámbito da UE.

Cada clase comprende unha serie de produtos ou servizos relacionados entre si e, por exemplo, a clase 32 corresponde a:

CLASE 32

Cervexas; bebidas non alcohólicas; augas minerais; bebidas a base de froitas e zumes de froitas; xaropes e outros preparados non alcohólicos para facer bebidas.

Ademais, xunto ao enunciado xeral ou título de clase, existen exemplos de termos que describen produtos ou servizos concretos que entran dentro do ámbito de protección de cada clase, cuxa orixe pode ser a Clasificación de Niza ou a clasificación europea denominada “Harmonizada”; p. ex. na clase 32 “cervexas aromatizadas” ou “extracto de lúpulo para facer cervexas” que poden utilizarse para encadrar de xeito máis claro e preciso que tipo de produto ou servizo se quere protexer.

Ao facer unha solicitude de marca poden protexerse tantas clases de produtos ou servizos como se queiran (ata 45, que é o nº total de clases existentes).Aínda que soamente é necesario facer unha solicitude, e utilizar un único impreso, debe terse en conta que por cada clase que se designe hai que pagar unha taxa de solicitude.

Para localizar cal é a clase ou clases que mellor se axustan ao produto ou servizo que se quere rexistrar pode accederse, dentro da páxina de Internet da OEPM e no apartado Bases de Datos, Marcas e Nomes Comerciais, a unha aplicación informática (CLINMAR) que incorpora a Clasificación Internacional de Produtos e Servizos de Niza e a clasificación compartida polas oficinas europeas de marcas (Harmonizada)

Este sistema permite visualizar a definición das 45 clases de produtos e servizos, e dispón dun buscador por palabras que orienta sobre as clasificacións que poden empregarse para cada produto ou servizo (Niza ou Harmonizada).