Ministerio de Industria, Turismo y Comercio LogoMinisterior
 

Preguntas frecuentes invencións

A Oficina Europea de Patentes adquiriu, adoptou e distribuíu o programa “IPscore” ás oficinas nacionais de patentes dos seus Estados membros de xeito que calquera persoa interesada pode usar gratuitamente.

O programa IPscore, desenvolvido pola Oficina Danesa de Patentes e Marcas en colaboración co Copenhagen Business School e co sector, permítelle realizar unha taxación cualitativa. O método IPscore úsase para valorar tecnoloxías, patentes e carteiras de patentes internamente, no seo das empresas, e ofrece un marco para a taxación e xestión estratéxica das patentes.

http://www.epo.org/searching/free/ipscore.html

A avaliación que IPscore fai dunha patente componse de cinco categorías: xurídica, tecnolóxica, de mercado, financeira e estratéxica, e en cada unha inclúense entre 5 e 10 preguntas básicas. Cada pregunta fai referencia a un indicador de valor diferente. Por cada pregunta outórganse entre 1 e 5 puntos, en función dos puntos fortes e débiles da patente. En conxunto, ó redor de 40 indicadores de valor ofrecen unha imaxe completa da patente e de tódolos riscos (como por exemplo, a existencia dunha tecnoloxía alternativa) ou oportunidades (por exemplo, o acceso a novos mercados) que presenta. Entón expóñense en distintos cadros e gráficos para que os xerentes poidan usalos na toma de decisións estratéxicas. Deste xeito, IPscore pode presentar a información relevante para o proceso de toma de decisións e facilitar a colaboración entre departamentos no seo das empresas.

http://www.epo.org/searching/free/ipscore.html

- DIRECTAMENTE país por país, depositando as correspondentes solicitudes en cada un dos países nos que se quere rexistrar a invención.

— Mediante unha PATENTE EUROPEA.Na páxina de Internet da EPO é posible obter información de como solicitar unha patente europea (http://www.epo.org/).

— A través dunha solicitude PCT.No enderezo de Internet da OMPI é posible obter información sobre as principais características deste sistema (http://www.wipo.int/pct/es/).

O solicitante pode elixir voluntariamente entre o Procedemento Xeral de Concesión ou o Procedemento con Exame Previo.

En ambos os dous casos, unha vez publicado o Informe sobre o Estado da Técnica (IET) ábrese un prazo de tres meses para que o solicitante decida o procedemento polo que desexa que se tramite a súa solicitude.

No caso de que o solicitante opte polo Procedemento xeral, a solicitude remata concedéndose, sempre que o solicitante continúe co proceso e aínda que o IET sexa desfavorable.

Se se opta polo Procedemento con Exame Previo, a OEPM examina a fondo a solicitude de patente e procede á súa concesión ou ben á súa denegación (total ou parcial).

A partir do 1 de abril de 2017 entrará en vigor a nova Lei 24/2015, do 24 de xullo, de patentes e todas as solicitudes se tramitarán polo procedemento con Exame Previo