Respondemos todas aquellas dudas referentes a los diferentes procesos implicados en la propiedad industrial.
Os coñecementos necesarios para levar a cabo unha taxación dependen en boa medida do propósito desta. Unha taxación completa require experiencia en moitas áreas, incluído márketing, finanzas, I+D e estratexia, polo que é unha boa idea usar un equipo interdisciplinario. Para asegurar un resultado significativo, o equipo debe incluír expertos tanto no campo técnico da patente coma en taxación de patentes.
Os métodos utilizados para a taxación deben ser transparentes, para que os resultados poidan ser comprobados e verificados. O apoio de intermediarios, por exemplo Centros PATLIB ou oficinas nacionais de patentes, poden axudar á taxación. Tales intermediarios tamén poden aconsellar sobre como interpretar e tirar proveito dos resultados da taxación.
Á parte do propio solicitante, o valor dunha patente interésalles fundamentalmente ós institutos de transferencia de tecnoloxía, ós bancos e ás empresas de capital risco.
As investigacións realizadas identificaron unha serie de indicadores que poden usarse na determinación do valor dunha patente.
O número de citas posteriores utilízase frecuentemente como un potente indicador do valor dunha patente.As citas posteriores prodúcense cando a patente que se está valorando resulta citada en documentos posteriores. O resultado observable da análise das citas é unha rede de vínculos chamada «rede de citas da patente», que se utiliza para a taxación. O número de citas que recibe unha patente indica a súa importancia científica, e polo tanto o seu valor.
Outros indicadores do valor da patente serían:
- o número e a calidade das reivindicacións
- o tamaño da familia de patentes
- a duración da patente
- o resultado das oposicións á solicitude de patente
Estes factores ou «indicadores de valor» poden afectar ó valor da patente tanto positiva como negativamente. Do mesmo xeito que os factores como a situación, o número de habitacións, a proximidade de colexios… afectan ó valor dunha casa.
Mediante análises estatísticas demostrouse que o número de patentes cun valor moi alto é relativamente pequeno e que o diferencial de valor varía dun país a outro.
No 2005, un estudo de PatVal-UEy estimou o valor económico das patentes recompilando datos sobre máis de 9000 patentes, entre outros o seu valor e un amplo conxunto de características que describían o contexto da invención. O estudo estimou que só o 7,2 % das patentes da mostra valía máis de dez millóns de euros cada unha, mentres que o 68 % valía menos dun millón de euros.