Ministerio de Industria, Turismo y Comercio LogoMinisterior
 

Onde solicitar unha indicación xeográfica?

O procedemento de rexistro dunha indicación xeográfica consta de dúas fases: unha nacional e outra europea. Para obter o rexistro, é necesario que a solicitude supere favorablemente ambas as dúas fases. O comezo da fase nacional prodúcese coa presentación das solicitudes ante a autoridade competente de cada Estado membro.  Tal presentación farase a través do sistema dixital para a presentación electrónica de solicitudes, desenvolvido pola Oficina de Propiedade Intelectual da Unión Europea (EUIPO). Unha vez superado o exame na fase nacional, a autoridade competente do Estado membro en cuestión remítelle a documentación á EUIPO para o comezo da fase europea.

 

Unha vez rexistradas, as Indicacións xeográficas protéxense en toda a Unión Europea e a duración da súa protección é indefinida. Unha vez rexistrada, é posible modificar o prego de condicións ou anulala.