Ministerio de Industria, Turismo y Comercio LogoMinisterior
 

Quen pode solicitar o rexistro dunha indicación xeográfica?

De acordo co artigo 8 do Regulamento (UE) 2023/2411 do Parlamento Europeo e do Consello sobre a protección das indicacións xeográficas dos produtos artesanais e industriais, poderán solicitar o rexistro dunha indicación xeográfica:

  • Agrupacións de produtores.
  • Un produtor único, sempre que a zona xeográfica da que se trate estea definida por unha parte particular do territorio que non faga referencia a lindes de propiedade e posúa características que a distingan notablemente das zonas xeográficas veciñas, ou que as características do produto sexan diferentes das características dos produtos das zonas xeográficas veciñas.
  • Autoridades locais ou rexionais, sempre que non sexan autoridades competentes para o rexistro de indicacións xeográficas e fosen designadas polo Estado membro.

 

Así mesmo, no caso de produtos orixinarios dunha zona xeográfica transfronteiriza, varios solicitantes, de distintos Estados membros, de Estados membros e terceiros países, ou de terceiros países, poderán presentar unha solicitude conxunta para o rexistro dunha indicación xeográfica en relación cos devanditos produtos.