Ministerio de Industria, Turismo y Comercio LogoMinisterior
 

Preguntas frecuentes propiedade industrial

Si, cando hai varios solicitantes é imprescindible que asinen todos. Non vale cunha soa sinatura, agás que os demais autoricen a un deles a actuar como o seu representante. Nese caso deberá presentarse un escrito debidamente asinado onde quede constancia desta autorización.

É a realizada polo traballador durante a vixencia dun contrato ou relación laboral froito da actividade investigadora do traballador sempre que esta constitúa o obxecto do contrato laboral, é dicir, sempre que o traballador fose contratado con ese fin. As invencións laborais pertencen ao empresario.

Si. Os dereitos de propiedade industrial poden transmitirse, darse en garantía ou ser obxecto de dereitos reais con independencia da transmisión da totalidade ou parte da empresa. Para que teñan efecto fronte a terceiros de boa fe, os devanditos actos deberán ser inscritos na OEPM.

Entre os principais actos de gravame atópanse:

- as licenzas: o titular do dereito permite o seu uso ou explotación a outras persoas pero segue a ser o seu "propietario"

- cesións: o titular do dereito cede a propiedade a terceiros

- hipotecas mobiliarias: o titular do dereito entrégao en garantía dun pagamento

- usufruto: o titular outórgalle o gozo do dereito a un terceiro. O devandito gozo pode ser a explotación ou uso ou ben, as propias rendas obtidas polo pagamento de licenzas a terceiros.

Si. Os que se presenten nas Oficinas das Comunidades Autónomas, poderán ser redactados nos seus idiomas oficiais distintos do castelán, pero teñen que estar acompañados da correspondente tradución ao castelán que se considerará auténtica no caso de que exista dúbida entre ambos os dous textos.

Non obstante, os que se presenten directamente na sede da OEPM deberán estar redactados en castelán.