Ministerio de Industria, Turismo y Comercio LogoMinisterior
 
Preguntas frecuentes propiedade industrial

A OEPM non expide duplicados do devandito documento.

O que se pode facer é solicitar unha certificación, no formulario de certificación correspondente e aboar a taxa de certificación correspondente.

Si. A OEPM contestará as preguntas que estean relacionadas coas solicitudes propias (servizo de Información 902 157 530; informacion@oepm.es).

Tamén pode seguir a tramitación administrativa do seu expediente a través da páxina web deste Organismo (a través da base de datos CEO).

Calquera incidente que se aprecie na tramitación da súa solicitude que imposibilite o seu rexistro comunicaráselle ao enderezo que designase dándoselle a posibilidade de emendar os defectos atopados.

No caso en que os trámites se efectuaran a través dun Axente da Propiedade Industrial, este será o interlocutor ante a OEPM.

Unha vez que a OEPM decide a concesión de calquera modalidade de Propiedade Industrial, expide un título onde se certifica que o titular é propietario deste dereito.

No caso de Deseños e Signos Distintivos (Marcas e Nomes Comerciais) ao solicitante se lle anexa un URL na carta de notificación da concesión, a través do cal pode descargar o título.

No caso de Patentes e Modelos de Utilidade, segundo o medio de notificación elixido polo solicitante, chegaralle un PDF do título, xa for ao seu correo electrónico ou ao seu domicilio.

Se o expediente se tramitou a través dun axente, non se fan envíos: comunícase ao axente o URL de descarga ou, en caso de Patentes ou Modelos de Utilidade, o PDF do título permanece na OEPM ata que o retira, ou se envía ao seu correo electrónico se así o estipulou.