Ministerio de Industria, Turismo y Comercio LogoMinisterior
 

Preguntas frecuentes propiedade industrial

Si. Os dereitos de propiedade industrial poden transmitirse, darse en garantía ou ser obxecto de dereitos reais con independencia da transmisión da totalidade ou parte da empresa. Para que teñan efecto fronte a terceiros de boa fe, os devanditos actos deberán ser inscritos na OEPM.

Entre os principais actos de gravame atópanse:

- as licenzas: o titular do dereito permite o seu uso ou explotación a outras persoas pero segue a ser o seu "propietario"

- cesións: o titular do dereito cede a propiedade a terceiros

- hipotecas mobiliarias: o titular do dereito entrégao en garantía dun pagamento

- usufruto: o titular outórgalle o gozo do dereito a un terceiro. O devandito gozo pode ser a explotación ou uso ou ben, as propias rendas obtidas polo pagamento de licenzas a terceiros.

O dereito pertence en común a todas elas.

Si, cando hai varios solicitantes é imprescindible que asinen todos. Non vale cunha soa sinatura, agás que os demais autoricen a un deles a actuar como o seu representante. Nese caso deberá presentarse un escrito debidamente asinado onde quede constancia desta autorización.

Os dereitos de propiedade industrial son temporais e poden "desaparecer" por diversas causas.

A nulidade dun dereito de propiedade industrial equivale a que ese dereito non existise nunca, porque non se debeu conceder. Entre as causas de nulidade poden mencionarse, por exemplo, que non se cumpren os requisitos que esixe a Lei ou que o titular non tivese dereito a obtelo.

A caducidade supón que o dereito se "extingue" porque non se cumpre algunhas das obrigas que esixe a Lei, como o pagamento das taxas de mantemento ou a explotación do dereito.