Ministerio de Industria, Turismo y Comercio LogoMinisterior
 

Preguntas frecuentes propiedade industrial

As taxas aboadas constitúen un tributo (por exemplo como o imposto de circulación) e non se expide factura dos impostos.

O xustificante de pagamento equivale ao que se lle entrega cando aboa taxas oficiais de calquera Organismo (taxas municipais, matrícula de Universidade, etc.).

As taxas remuneran o traballo realizado en tramitación dos expedientes con independencia de que a resolución que se dite sexa de concesión ou de denegación.

Ante unha denegación non procede devolución do importe aboado.

Os documentos necesarios para solicitar a protección dun dereito de propiedade industrial difiren segundo a modalidade. De maneira xeral pódese indicar que os datos mínimos para obter unha data de presentación son os seguintes:

- Unha declaración expresa ou implícita de que se solicita o título.

- Datos que identifiquen o solicitante.

- No caso das patentes e modelos de utilidade, unha descrición.

- No caso dos signos distintivos e o deseño industrial, unha reprodución do signo distintivo ou do deseño industrial, xunto cunha indicación dos produtos aos que se vai aplicar

Á solicitude presentada outórgaselle día, hora e minuto de presentación e un número que identificará o expediente e non será nunca modificado.

No caso de que exista algunha irregularidade que impida outorgar unha data de presentación, notificaráselle ao solicitante para que emende nos prazos que indique a lei para cada unha das modalidades de propiedade industrial, e neste suposto, a data de presentación será a do día na que se recibise o escrito de emenda. Se non emenda, a solicitude considerase como desistida.

En España, a Propiedade Industrial protexe todas as creacións que están relacionadas coa industria: patentes e modelos de utilidade, signos distintivos e deseños.

Pola contra, a Propiedade Intelectual resérvase para a protección das creacións do espírito nas que queda plasmada a personalidade do autor, tratándose de creacións únicas e non producidas industrialmente ou en serie.

As devanditas creacións poden ser obras literarias e artísticas como as novelas, poemas e obras de teatro, películas, obras musicais, obras de arte, debuxos, pinturas, fotografías e esculturas ou deseños arquitectónicos, así como as regras para xogos e os programas de ordenador.

Para cada unha delas existen leis diferentes e os organismos encargados da súa xestión son tamén distintos: a Oficina Española de Patentes e Marcas intervén no recoñecemento dos dereitos de propiedade industrial e o Rexistro da Propiedade Intelectual no dos dereitos de propiedade intelectual.

A organización e enderezos do Rexistro da Propiedade Intelectual poden consultarse aquí.